Ephippiorhynchus asiaticus é unha especie de cegoña alta e de pescozo longo e negro que vive no subcontinente indio e sur de Asia cunha poboación separada en Australia. Vive en hábitats de zonas húmidas e preto de campos de certos cultivos como o arroz e trigo onde procura comida capturando unha ampla variedade de presas. As aves adultas de ambos os sexos teñen un pesado peteiro e debuxos de cor branca e negra iridescente, pero hai un dimorfismo sexual na cor do iris do ollo, que nas femias é amarelo e nos machos é escuro. É unha das poucas cegoñas que son fortemente territoriais cando se alimentan e reproducen.
Developed by StudentB